domingo, 8 de octubre de 2017

“Nuestro lema es: más humanos que los humanos.”

 



A película Blade Runner de 1978 foi dirixida por Ridley Scott, tamén coñecido por dirixir a famosa película Alien. Ambas teñen en común pertencer ao xénero de ciencia ficción que personalmente é un dos meus favoritos.

Esta película está ambientada no ano 2019 na cidade de L.A. nunha sociedade distópica na que as persoas fabricaron réplicas humanas moi parecidas a eles mesmos tendo como diferencia a ausencia das emocións, posteriormente fixéronse ilegais tras un incidente e os policías Blade Runners foron obrigados a eliminalos.

Esta película gustoume especialmente pola súa elaborada producción, conta con escenarios cunha moi boa iluminación que provoca un ambiente de suspense continuo ao espectador. Destaca tamén a súa banda sonora, gústame especialmente Rachel´s song.

Para finalizar recomendoa moito sobre todo para os fans de este director e aos amantes da ciencia ficción pero tamén aos do cine xa que esta producción paréceme das mellores da historia de este.

QUEN SON EU